viernes, 20 de abril de 2012

A Semana Santa de Fisterra

Sigo este blogue falando dunhas festas que acaban de deixarnos hai apenas 10 días, non falo doutra festa que da Semana Santa Fisterrá.
A Semana Santa é o punto culminante do almanaque cultural da Vila do Cristo, e festividade recoñecida coma de Interese Turístico Nacional dende os oitenta. Trátase dun complexo artístico-escenográfico no que os fisterráns mesturan as tradicionais procesións e oficios relixiosos (adobiados con imaxes e pasos de grande interese histórico e artístico), con todo un ciclo de autos teatrais de diversas épocas e que se foron engadindo ao longo dos séculos a partires dun xermolo orixinal: a representación, o Domingo de Pascua, da Resurrección no campo da Igrexa parroquial. Con algúns textos, danzas e tradicións que se conservan dende a noite dos tempos, a Semana Santa de Fisterra "non se pode contar, hai que vivila". Os protagonistas desta Semana Santa son a  Virxe das Areas e, por suposto, o Santo Cristo de Fisterra, que é o protagonista indiscutible do día máis importante para o almanaque fisterrán: o Domingo de Resurrección, reconvertido en Fisterra na tradicional e insustituible Romería do Cristo. 

Este ano, ao igual que sempre a Semana Santa foi tremendamente emotiva, coma sempre. Tras 4 días de procesións, unha das citas máis importantes é a representación da Resurrección, que se celebrou no campeiro da Igrexa de Santa María das Areas ante milleiros de fieis e turistas nun día no que se abriu o ceo para deixar a Lorenzo alumear a festa tras varios días de choiva.
Devoción e cultura mesturáronse na vila do Cristo, nunca mellor dito, ao longo destes días. Esta Festa de Interese Turístico Nacional demostrou unha vez máis a súa potencia, facendo que non quedara unha soa cama sen vender ou alugar en toda a zona.
A tradición tamén estivo presente xunto coa  “Danza dos Paus” e a “Danza de Arcos” que demostraron que Fisterra tamén baila.
Por non variar houbo de todo na Semana Santa fisterrá. O Faro de Fisterra estivo tomado polas obras do concurso Jesus Núñez. Ademais, o pasado domingo de Ramos, a Anpa Nosa Señora do Carmen organizaba a II Exhibición de Danza tradicional. A Vila do Cristo encheuse de miles de visitantes durante toda a semana, sobre todo os días 7 e 8 de abril, días grandes da festa con orquestras como a Panorama e todo tipo de atraccións para os máis cativos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario