Por qué Fisterra?

A resposta é bastante obvia, eu nacín nese pobo. Encántame e adoro todo o relacionado coa miña vila, é un lugar fermoso, tranquilo, ateigado de praias e recunchos para desconectar e tamén para poder pasar unhas vacacións para todos os gustos. A historia do pobo tamén é un punto moi importante, posto que Fisterra está ateigado de lendas, anécdotas e curiosidades que fan posible a chegada de miles de viaxantes ao ano. Por algo é o segundo lugar máis visitado de Galicia despois de Santiago de Compostela.


O nome do blogue vén dado precisamente pola gran polémica que existe dende hai algúns anos pola ubicación final do Camiño de Santiago. Neste blogue farei incapé de porque penso que é Fisterra falando da súa historia, cultura, etc.

No hay comentarios:

Publicar un comentario